domingo, 11 de mayo de 2014

SEMANA CULTURAL / MIGALLAS EN CONCERTO

Mañá o grupo Migallas fará a presentación do seu novo libro/CD en Infantil e no primeiro Ciclo de Educación Primaria dentro das actividades da Semana Cultural. Xa vos contaremos que tal.



Aquí vos deixo un enlace para máis información.


miércoles, 30 de abril de 2014

TRABALLANDO NO DÍA DO LIBRO

Non perdades a oprtunidade de ver a actividade que se levou a cabo no noso cole con motivo do Día Do Libro. O alumnado de primaria participou nesta actividade proposta polo EDLG e o Equipo de Biblioteca. Pasárono moi ben e os resultados foron sorprendentes.



miércoles, 23 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO PRIMARIA

Hoxe coincidindo co Día do Libro os nenos e nenas do cole fixeron unha actividade lectora baixo o lema Ti +Eu = Libro. Que consisitía en que un neno ou nena dun curso superior escollía un neno ou unha nena dun curso inferior para leer entre os dous un libro. Cando remataban facían un debuxo do libro. Con estes libros vaise facer un libro recopilatorio que podedes consultar no noso Bosque Lector.




DÍA DO LIBRO EN EDUCACIÓN INFANTIL

Hoxe seguindo a tradición catalana de San Jorge que conmemora o Día do libro e o seu patrón, dentro das actividades relacionadas co día do libro, os nenos e nenas de Educación Infantil dediciron regalar unha flor. A tradición di que debe ser unha rosa pero lles encantan as margaridas así que decidiron facer unha margarida.






lunes, 21 de abril de 2014

OBRAS NA BIBLIOTECA

Xa comezaron as obras na biblioteca para convertela nun verdadeiro bosque. Aquí vos deixo os primeiros debuxos.




jueves, 3 de abril de 2014

PRESENTACIÓN DE ELEFANTE COMELLÓN



Mañá a partir das 18:30 na libraría libros para soñar, (Rúa Triunfo 1, Vigo/ Casco Vello) presentación de Elefante comellón o novo libro ilustrado de Marc Taeger, o ilustrador de Garanvaciño, Aquiles, o puntiño...  e que pasou hai uns meses polo noso cole e que tanto nos gustou. Deíxovos aquí o detalle do libro.

miércoles, 26 de marzo de 2014

LIBRO RECOMENDADO DE ESTA SEMANA

No noso cole, temos unha biblioteca marabillosa cunha morea de libros para ler pero, cal escoller?
Quén mellor que un neno ou nena ao que lle encanta ler para recomendarnos un?
Aquí, neste vídeo, temos a Kenia, unha alumna de 2º de E. Primaria que nos vai recomendar un dos seus libros favoritos...